Papel Montval, 35x25 ctms
Ahí ven o maio
de frores cuberto...
Puxéronse a porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño
Eu sonvos o probe
do pobo galego:
pra mín non hai maio,
¡pra mín sempre é inverno!...
Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
florezan os meus eidos,
chegado habrá entonces
o maio que eu quero.
¿Queredes castañas
dos meus castiñeiros?...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.
MANUEL CURROS ENRÍQUEZ
No hay comentarios:
Publicar un comentario