sábado, 16 de agosto de 2014

Pazo Fortaleza de Tovar. Vilanova de Lourenzá. Mariña. Lugo.

                               
                               Caderniño Moleskine, 14x9 ctms

        A historia deste edificio remóntase ao século XIII, cando pertencía ao mosteiro de San Salvador de Lourenzá e era coñecido como a "Torre de Canedo".
         A principios no século XVI esta torre estaba en ruinas. É cando Antonio de Tovar consegue a súa titularidade e decide construir aí a súa residencia.
          Dado que a principal función desta construcción é residencial, déixanse de lado elementos militares para crear un edificio que, a través dos seus numerosos detalles, mostre o poder do seu dono.
          A escaleira de caracol, as chemineas armoriadas, as molduras e arquerías en portas e ventás son elementos que aínda se conservan e foron restaurados.
          Dende principios do 2014 este edificio está aberto ó público. Está totalmente restaurado, logo de anos de obras e traballos.
          Os visitantes que se acheguen poderán disfrutar deste edificio tan singular e dos contidos que alberga, coma o centro de interpretación dos pazos galegos no entorno privilexiado que é o Val de Lourenzá, Lugo.


2 comentarios:

  1. ¡Qué buena pinta tiene! Apetece acercarse a conocer la zona...
    Un abrazo, Carmen.

    PD - Hablando de acercarse: ¿vas a asistir al encuentro de "Ladrones" en Cuenca?

    ResponderEliminar
  2. Pues ya sabes, pon en tu agenda de viaje esta ruta porque la verdad es que merece mucho la pena.
    Creo que no voy a poder asistir, con lo que me gustaría...
    Abrazo.

    ResponderEliminar