jueves, 30 de octubre de 2014
lunes, 27 de octubre de 2014
viernes, 24 de octubre de 2014
martes, 21 de octubre de 2014
viernes, 17 de octubre de 2014
miércoles, 15 de octubre de 2014
Pequena ruta pola Costa da Morte. Parte II.
Corcubión. Parte da fachada e entrada de unha casa particular. ¿Un meigallo para coidarse do mal de ollo?
O mítico Monte Pindo, denominado o Olimpo dos deuses Celtas, un macizo granítico de 627 metros, no concello de Dumbría, catalogado coma Lugar de Importancia Comunitaria e que se atopa incluído na Rede Natura 2000. Moito corren os contos, lendas e historias sobre este lugar, que chegaron a provocar interese en persoeiros galegos dos máis variados eidos. Fai dous anos foi arrasado por un voraz incendio acabando con unha vexetación e flora única na Galiza, só quedaron as rochas.
Fervenza do Ëzaro. As lendas tampouco se esqueceron da veciña paraxe do río Xallas, pois dise que tras desta fervenza única en Europa por caer as súas augas directamente sobre a auga salgada do mar, existe unha porta máxica gardada por bruxas que levará embaixo do río ao mozo que se atreva a pasar, podendo daquela casar cunha bela princesa encantada e posuír unha enorme fortuna.
Porto de Muros, a miña vila preferida da Costa da Morte.
Rúa típica de Muros, e seguía a chover miudiño.
Muros. En maio de 1970 a vila foi declarada conxunto histórico-artístico, sendo definida como «Vila mariñeira que conserva os seus valores ambientais, típicos e pintorescos, ó lado da severa grandeza monumental de góticos palacios e templos como o da antiga Colexiata e o Santuario da Virgen do Camiño».
Un dos calexóns que conforman a vila mariñeira de Muros.
Chamoume a atención que en Muros tamén haxa mostras na sua arquitectura do estilo Modernista, como se pode apreciar nesta entrada a unha cafeteiria.
Noia, Igrexa de Santa María a Nova, do século XIV, en estilo gótico mariñeiro, cunha ampla mostra de máis de cincocentas laudas sepulcrais desde o século XIV ó XIX.
Hórreo de Carnota, o máis longo da Galiza, con 22 pares de pés, 34,7 metros de longo e 1,90 de ancho. Século XVIII, Monumento Nacional. Fin do periplo, ata outra millorada.
O mítico Monte Pindo, denominado o Olimpo dos deuses Celtas, un macizo granítico de 627 metros, no concello de Dumbría, catalogado coma Lugar de Importancia Comunitaria e que se atopa incluído na Rede Natura 2000. Moito corren os contos, lendas e historias sobre este lugar, que chegaron a provocar interese en persoeiros galegos dos máis variados eidos. Fai dous anos foi arrasado por un voraz incendio acabando con unha vexetación e flora única na Galiza, só quedaron as rochas.
Fervenza do Ëzaro. As lendas tampouco se esqueceron da veciña paraxe do río Xallas, pois dise que tras desta fervenza única en Europa por caer as súas augas directamente sobre a auga salgada do mar, existe unha porta máxica gardada por bruxas que levará embaixo do río ao mozo que se atreva a pasar, podendo daquela casar cunha bela princesa encantada e posuír unha enorme fortuna.
Porto de Muros, a miña vila preferida da Costa da Morte.
Rúa típica de Muros, e seguía a chover miudiño.
Muros. En maio de 1970 a vila foi declarada conxunto histórico-artístico, sendo definida como «Vila mariñeira que conserva os seus valores ambientais, típicos e pintorescos, ó lado da severa grandeza monumental de góticos palacios e templos como o da antiga Colexiata e o Santuario da Virgen do Camiño».
Noia, Igrexa de Santa María a Nova, do século XIV, en estilo gótico mariñeiro, cunha ampla mostra de máis de cincocentas laudas sepulcrais desde o século XIV ó XIX.
Hórreo de Carnota, o máis longo da Galiza, con 22 pares de pés, 34,7 metros de longo e 1,90 de ancho. Século XVIII, Monumento Nacional. Fin do periplo, ata outra millorada.
lunes, 13 de octubre de 2014
Pequena ruta pola Costa da Morte. Parte I.
Ría de Ferrol, embarcadoiro para un refrescante viaxe en barco ata a saída ó mar e volta. Atmósfera despexada ás veces, e outras con néboas húmidas, un bó comenzo para apreciar cómo os mariscadores faenaban na ameixa.
Mariscando a ameixa
Castelo de San Felipe, fortaleza militar, século XVI, ría de Ferrol.
A "Rosa dos Ventos" forma parte do parque das esculturas na zona da Torre de Hércules.
Farolas do paseo marítimo de A Coruña, (detalle), cada farola ten un esmalte diferente.
Castelo de Vimianzo, (Torres de Martelo), séculos XIII, XIV e XV. Houbo que botar man de paraugas e chuvasqueiros, a fina choiva facía sombra a mostra dos encaixes de Camariñas expostos no interior.
... e seguía a chover. Porto de Camariñas, en plena Costa da Morte, pequena vila famosa polos seus encaixes.
Faro de Muxía, zona cero da Costa da Morte no desastre ecolóxico do Prestige. Chovía mainamente, unha lembranza para a xenerosidade dos voluntarios de todo o mundo. que participaron na recollida do chapapote.
Os compañeiros fixeron o ritual de pasar por baixo da "pedra dos cadrís", para que a Virxe da Barca lles derá boa saúde...
E chegamos a Fisterra, Finis Terrae, fin da terra. O Faro do fin do mundo cos cantís de vertixe extrema.
C orcubión, vila mariñeira e señorial.

domingo, 5 de octubre de 2014
jueves, 2 de octubre de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)