O mítico Monte Pindo, denominado o Olimpo dos deuses Celtas, un macizo granítico de 627 metros, no concello de Dumbría, catalogado coma Lugar de Importancia Comunitaria e que se atopa incluído na Rede Natura 2000. Moito corren os contos, lendas e historias sobre este lugar, que chegaron a provocar interese en persoeiros galegos dos máis variados eidos. Fai dous anos foi arrasado por un voraz incendio acabando con unha vexetación e flora única na Galiza, só quedaron as rochas.
Fervenza do Ëzaro. As lendas tampouco se esqueceron da veciña paraxe do río Xallas, pois dise que tras desta fervenza única en Europa por caer as súas augas directamente sobre a auga salgada do mar, existe unha porta máxica gardada por bruxas que levará embaixo do río ao mozo que se atreva a pasar, podendo daquela casar cunha bela princesa encantada e posuír unha enorme fortuna.
Porto de Muros, a miña vila preferida da Costa da Morte.
Rúa típica de Muros, e seguía a chover miudiño.
Muros. En maio de 1970 a vila foi declarada conxunto histórico-artístico, sendo definida como «Vila mariñeira que conserva os seus valores ambientais, típicos e pintorescos, ó lado da severa grandeza monumental de góticos palacios e templos como o da antiga Colexiata e o Santuario da Virgen do Camiño».
Noia, Igrexa de Santa María a Nova, do século XIV, en estilo gótico mariñeiro, cunha ampla mostra de máis de cincocentas laudas sepulcrais desde o século XIV ó XIX.
Hórreo de Carnota, o máis longo da Galiza, con 22 pares de pés, 34,7 metros de longo e 1,90 de ancho. Século XVIII, Monumento Nacional. Fin do periplo, ata outra millorada.
Pues lo dicho: ¡ganas dan de perderse por ahí!
ResponderEliminarEl hórreo tiene que ser impresionante, Carmen.
Un abrazo.
Hay dos o tres todavía con más longitud, pero su valor artístico y su estado de conservación es más precario.
ResponderEliminarVer aquí: https://www.flickr.com/photos/51603732@N07/sets/72157626310727874/
Abrazo.